FERROL360 | Xoves 5 maio 2016 | 10:00
Dentro do programa «Maio, mes das letras», a Concellería de Cultura e Ensino celebra este venres un recital poético en lembranza de Manuel María, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. No acto, previsto para as 19:00 horas no salón de Plenos, participarán representantes do movemento asociativo do concello e dos grupos municipais.
A continuación, haberá unha actuación musical a cargo da cantante María Manuela e do músico Xurxo Varela. A entrada para esta cita cultural é libre e de balde. Por outra banda, a AVV de Magalofes organiza tamén para este venres unha exhibición de baile coa escola Fusión Dance. Será a partir das 20:00 horas e tamén haberáunha actuación das Cantareiras do Saime, ás 21:00 horas.
O ciclo «Maio, mes das letras» é un programa organizado desde o Concello de Fene e as sociedades Liga de Amigos de Barallobre, ACRD O Pote, AVV de Limodre, AVV San Xurxo de Magalofes, CMI de Fene, CPS de San Valentín, SCRD Agarimo de Sillobre e CCRD de Perlío.
Debate sobre el post