FERROL360 | Sábado 17 xaneiro 2015 | 19:40
Nas vindeiras semanas arrancarán os traballos de mellora na rúa Fonte do Campo e no núcleo de Orra en Fene. Ambas actuacións contan cun orzamento conxunto de 165.000 euros e tres meses de prazo de execución.
As obras de Orra, na parroquia de Sillobre, consistirán na mellora do firme e separación da rede de saneamento e pluviais para evitar os continuos atascos detectados na rede polo arrastre de materiais producidos pola choiva. A intervención conta cun orzamento de algo máis de 107.000 euros.
Mentres, na rúa da Fonte do Campo se executarán obras de aglomerado por valor de 59.000 euros. Así, se acometerá unha mellora na rúa da Fonte do Campo ata o Camiño de Sartego, co obxectivo ademais de mellorar o acceso ás vivendas e fincas colindantes.
Para iso, a intervención contempla a ampliación do ancho de calzada dos tres aos catro metros para proceder ao seu aglomerado, previa reparación de baches.
Tamén se inclúe a apertura de cunetas para permitir unha axeitada evacuación das pluviais e salvacunetas para a reposición dos accesos ás vivendas. Por último, levaráse a cabo o pintado da sinalización horizontal e a colocación de sinais verticais.
Oficialmente, as obras comezaban este venres coa sinatura da acta de replanteo e, nas próximas semanas, comezarán os traballos a pé de campo. Ambas intervencións financiaránse con cargo ao programa DTC 93, que promove a Deputación provincial da Coruña en colaboración cos concellos.