FERROL360 | Luns 22 decembro 2014 | 19:04
O Concello de Fene organiza un curso de primeiros auxilios, soporte vital básico e defensa persoal os días 29 e 30 de decembro no ximnasio da Casa da Cultura. Os interesados en asistir poden formalizar a súa inscripción os días 22, 23 e 26 de decembro no pavillón polideportivo de A Xunqueira.
A participación é completamente gratuíta, aínda que haberá que entregar algún produto alimenticio non perecedoiro, que irá destinado ao Banco de Alimentos de Ferrolterra. Non hai límite de idade para asistir e os participantes poderán elixir entre o horario de mañá, de 10:00 a 13:00 horas, e de tarde, de 16:00 a 19:00 horas.