Publicidad

O Concello de Narón non está vinculado coa revista ‘As novas dos concellos’

FERROL360 | Martes 17 marzo 2015 | 18:15

A revista ‘As novas dos concellos’, que estase a repartir gratuitamente por Narón, non ten ningún tipo de relación comercial co Concello. Nun comunicado, o Concello afirma que non lle une vinculación algunha con esta publicación, é máis asegura que «en ningún momento esta revista púxose en contacto co Concello de Narón» para a inserción de publicidade, nin para solicitar datos.

Ademais, desde o Concello indican que tanto o saúda do alcalde coma as novas que inclúe foron obtidas da web municipal sen autorización para a súa difusión. Ao parecer, en todas as páxinas da revista aperece publicidade de empresas do municipio, polo que desde o Concello informan aos comerciantes e empresarios que no caso de sentirse perxudicados poden denunciar á publicación na Comisaría de Policía Nacional.

Publicidad

Campaña Día del Padre Odeón

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Noche de las Pepitas Ferrol