FERROL360 | Martes 17 marzo 2015 | 14:21
Quince familias de Neda beneficiaranse por primeira vez do servizo municipal de axuda a domicilio nun prazo de dez días. O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón, anunciou esta medida, que responde a un incremento no orzamento para este servizo por parte da Consellería de Traballo e Benestar.
Así, Neda contará con 663 horas máis das que viña ofrecendo, o que supón un 40 % máis. Deste xeito, o Concello pasará de prestar 1.740 horas ao mes a 2.403 horas mensuais, namentras que as familias beneficiarias alcanzarán as cincuenta.
Este aumento tamén favorecerá o emprego, xa que fomentará a contratación de novos auxiliares ou a ampliación da xornada dos contratos xa asinados. Así as cousas, o rexidor valorou moi positivamente o anuncio, xa que permitirá mellorar a calidade de vida dos veciños de avanzada idade coa dependencia recoñecida por lei.


