FERROL360 | Luns 9 setembro 2013 | 13:47
O colexio público San Isidro de Neda será obxecto dunha serie de obras para mellorar as súas instalacións. Así, os traballos comprenden a reparación da cuberta do patio exterior, dotación de novos xogos ao parque infantil, limpeza do patio exterior e cambio do areeiro. Tamén se van levar a cabo obras de climatización, dotando ao centro de deshumidificadores e substituíndo os cristais en mal estado.
A maioría destas actuacións serán financiadas polo propio Concello de Neda, a cargo do orzamento municipal. Con todo, o alcalde do municipio, Ignacio Cabezón, confía en que a Consellería de Educación preste o seu apoio económico para poder afrontar algunhas peticións de maior calado.
Por outra banda, o Concello quere reforzar a seguridade de peóns e conductores mellorando a súa visibilidade. Deste xeito, instalarase un espello no acceso ao centro educativo dende a Avenida de Alxeciras. Todas estas actuacións arrancarán proximamente.
Debate sobre el post