FERROL360 | Luns 26 outubro 2015 | 10:51
Desde o Programa de Educación Familiar, que o Concello de Neda desenvolve en colaboración con ASFEDRO, a administración local pon en marcha unha Escola de familias dirixida tanto aos pais como a todos aqueles que estean involucrados no desenrolo e educación dos nenos dentro da familia.
Esta iniciativa busca promover unha maior implicación das familias como axentes de saúde dos fillos e proporcionar información sobre temas coma: normas e límites, comunicación familiar, resolución de conflitos, drogas e novas tecnoloxías, entre outros.
A primeira xuntanza será na Casa da Cultura este mércores 28 de outubro, ás 17:30 horas. Esta escola está dirixida a todas as familias de Neda e está previsto levar a cabo un número de cinco sesións, que darían comezo no mes de novembro.
A inscrición farase entregando o resgardo no centro escolar correspondente ou chamando á Casa da Cultura ao teléfono: 981.390.233 de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas.
Para facilitar a asistencia haberá servizo de atención a infancia na biblioteca infantil.
Debate sobre el post