FERROL360 | Sábado 15 outubro 2016 | 12:05
As instalacións deportivas do campo de fútbol e do pavillón polideportivo de Pontedeume contan con oito paneis solares cada unha, que permitirán ao Concello aforrar un 50 % do consumo eléctrico. Deste xeito, a administración local reducirá o gasto nuns 2.000 euros anuais.
Estes paneis quentarán a auga nuns acumuladores de 1.500 litros como apoio aos sistemas existentes de propano e termos eléctricos. O prazo de amortizacion desta inversión será de dous anos, grazas a unha subvenciòn do 75 % do custo total outorgada polo INEGA.
Ademais do aforro no gasto, o Concello de Pontedeume quere apostar tamén polo respecto ao medioambiente coa utilización o máximo posible dunha enerxía verde e renovable e contribuír asi na reducción das emisións de CO2 ao aire.
Segundo o alcalde, Bernardo Fernández, esta aposta polas enerxías renovables é firme xa que non só melloran a calidade ambiental senon que tamén supoñen un aforro para os veciños en canto ao custe enerxético.
Debate sobre el post