FERROL360 | Domingo 21 agosto 2016 | 12:30
Grazas ao traballo conxunto do Concello de Pontedeume, o ilustrador Pepe Carreiro e Ediciones Bolanda, e coincidindo coas vindeiras Festas das Peras de Pontedeume, edítase o libro infantil «Os bolechas veñen ás Festas das Peras de Pontedeume».
No libro, a famosa familia dos Bolechas visita Pontedeume nas súas festas patronais dando conta da súa riqueza e tradicións á vez que se amosan os puntos máis emblemáticos da vila. Os interesados en facerse cun exemplar poden atopalo á venda na Oficina de Turismo de Pontedeume, sita no Torreón dos Andrade.
O Concello distribuirá varios exemplares entre bibliotecas municipais e entidades educativas co propósito de fomentar a lectura entre os máis pequenos e difundir os costumes e singularidades dunhas festas cun gran arraigo popular.
Esta edición infantil ten coma obxectivo, ademais de fomentar a lectura, mellorar o coñecemento que os peques teñen do patrimonio da vila, xa que a família dos Bolechas aproveita a aventura para coñecer os principais reclamos turísticos do municipio, explica a concelleira de Cultura, Yolanda Vázquez.