FERROL360 | Xoves 7 abril 2016 | 18:45
A escasa matrícula de nenos na escola unitaria de Boebre pon en perigo a súa continuidade. O Concello de Ponedeume teme que a Xunta de Galicia peche o centro ante a baixa matriculación e fai un chamamentos aos pais e ás nais do municipio para que inscriban aos seus fillos no centro escolar.
A concellería de Educación de Pontedeume, Raquel Caruncho, afirma que «non podemos permitir cun servizo como o que presta a escola unitaria desaparezca» e amosou a súa confianza en que «se poidan matricular máis nenos para evitar o seu peche».
O goberno local sostén que cree firmemente no sistema educativo das unitarias, que prestan un servizo esencial no desenrolo dos nenos preto das súas casas «tanto ás familias como aos propios escolares que actualmente cursan estudios na escola».