Publicidad

O Concello de San Sadurniño achega 18.000 euros ao Clube de Fútbol Sala

FERROL360 | Martes 29 abril 2014 | 10:24

O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e o presidente do C.F. San Sadurniño, Plácido López, asinaron este luns un convenio de colaboración por un importe de 18.000 euros. A entidade deportiva destinará a cuantía a seguir mantendo en funcionamento a súa actividade.

Durante os vindeiros dez meses, o clube deberá continuar xestionando as escolas deportivas de fútbol e velar polo bo estado do terreo de xogo e das instalacións situadas no lugar de Corrás e na parroquia de Santa Mariña.

O pago realizarase en tres veces. A primeira achega, que se anticipará ao convenio, será de 9.000 euros. A cantidade restante entregarase no mes de xullo e a finais do ano corrente.

O cadro actual do C.F. San Sadurniño chega á centena de xogadores e xogadoras que conforman ata sete equipos en diferentes categorías.

Secundino García e Plácido López na firma do convenio de colaboración realizada este luns (foto: Concello de San Sadurniño)
Secundino García e Plácido López na firma do convenio de colaboración realizada este luns (foto: Concello de San Sadurniño)