FERROL360 | Luns 28 abril 2014 | 18:10
Dous centros educativos, o CPI de San Sadurniño e o CEIP Plurilingue A Fraga participan no programa de innovación educativa «Sustentabilidade e paisaxe», que promove a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Así, os centros recibirán material cartográfico co que traballar e establecer actividades relacionadas coa paisaxe, co obxectivo de poñer en marcha propostas de aula, con carácter innovador, no que a paisaxe se incorpore como obxecto de aprendizaxe. O fin é formar e concienciar ao alumnos no seu papel de voluntarios da paisaxe.
O profesorado é o encargado de promover unha participación activa do alumnado, vencellando os coñecementos curriculares cos espazos próximos cotiás, estimulando o desenvolvemento de habilidades sociais e persoais e proporcionando ao alumnado un rol activo na sociedade.
Estas tarefas teñen por obxectivo conseguir que o alumnado se sinta protagonista e aprenda ao seu ritmo; se enganche por medio da investigación lúdica e sinta e exprese as emocións e sentimentos pola súa contorna. En definitiva, proporcionar ferramentas básicas para espertar o interese pola paisaxe e a interpretación da evolución do territorio.
Debate sobre el post