FERROL360 | Mércores 8 abril 2015 | 14:36
O curso «Narón vende máis», dirixido a comerciantes do municipio, arranca este xoves na aula CEMIT de Xuvia con todas as prazas cubertas. O curso, de carácter gratuíto, ensinará ós participantes a profesionalizar o seu negocio para poder obter o maior rendemento posible, a través de técnicas de venta coma o marketing, o escaparatismo e as promocións e ventas especiais.
Desenvolverase en dúas partes: unha teórica os días 9 e 11 de abril na aula CEMIT de Xuvia, e outra práctica no propio establecemento de cada comerciante. A sesión de este xoves se levará a cabo de 20:45 a 21:45 horas, e a do sábado en horario de 16:30 a 18:30 horas.
O programa está organizado pola Concellería de Promoción Económica de Narón en colaboración coa Asociación de Comerciantes da localidade.
