Publicidad

O Depor Campus de fútbol celebrarase no mes de xullo en Caranza

FERROL360 | Martes 30 xuño 2015 | 19:28

As instalacións deportivas do Municipal de Caranza acollerán dende o día 20 e ata o 24 de xullo a celebración do Depor Campus de fútbol. Unha actividade dirixida a nenos de entre 6 e 15 anos organizada polo Real Clube Deportivo da Coruña e a Sociedade Cultural Deportiva Recreativa Galicia de Caranza.

O campus desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas e contará cun profesorado formado por técnicos do Real Clube Deportivo da Coruña, baixo a coordinación de Quique Soto. Con esta actividade se facilitará a aprendizaxe das habilidades e conceptos do xogo individual, e se fomentarán valores de respecto, solidariedade, amizade, xogo limpo, integración e esforzo.

Os nenos recibirán ademáis as visitas dalgúns xogadores do Deportivo. A actividade tamén inclúe un equipamento deportivo, o almorzo, un diploma e agasallos para os alumnos. O prezo do campus é de 100 euros. Aplicarase un desconto de 20 euros para integrantes do Galicia de Caranza ou do Deportivo, para familias con dous membros en paro ou para familias que inscriban a máis dun fillo.

Ata o momento, xa se anotaron 134 rapaces e o período de inscrición aínda está aberto, ata chegar ós 150 rapaces. O interesados deben anotarse aquí ou nas instalacións do Galicia de Caranza.

Publicidad

Banner Error Ferrol