FERROL360 | Mércores 10 setembro 2014 | 19:08
O domingo 14 de setembro será unha data de celebración para os afiliados e simpatizantes de Terra Galega, xa que celebran a tradicional Festa do Río, na que esperan xuntar a máis de 700 persoas.
A festa terá lugar no entorno do Muíño de Pedroso e comezará ás 14:00 horas. Durante o acto haberá intervencións do secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, e do alcalde de Narón e candidato ás próximas eleccións municipais do 2015, José Manuel Blanco.
Blanco será o encargado de presentar ás persoas que formarán parte da candidatura de Terra Galega en Narón de cara ós comicios electorais do vindeiro ano. Unha vez rematada a parte política, darase paso á festa coa degustación da comida. Finalizado o xantar, dará comezo o baile e tamén haberá xogos para os máis pequenos.
Debate sobre el post