FERROL360 | Mércores 19 novembro 2014 | 15:30
O escritor Xavier Alcalá ofrecerá este mércores unha charla no CPI A Xunqueira de Fene baixo o título Ciencia versus literatura, destinada aos estudantes. Incluída no programa Fene, coa ciencia en galego, arrancará ás 11:00 horas.
Trala conferencia de Xavier Alcalá, o programa Fene, coa ciencia en galego continuará co teatro como protagonista. Así, representaráse a obra Náufrag@s no CEIP O Ramo de Barallobre o día 28 de novembro ás 12:10 horas; no CEIP Os Casais de
Maniños, o 1 de decembro ás 12:00 horas, e no CEIP de Centieiras o 9 de decembro ás 10:00 horas.
Fene, coa ciencia en galego é unha iniciativa dos Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística e a dirección do IES de Fene á que se sumaron os centros de ensino, na que colabora activamente o Concello a través da Concellería de Cultura.
Debate sobre el post