FERROL360 | Venres 19 agosto 2016 | 10:17
Músicos, cantantes e unha bailarina configuran o espectáculo enerxético «Son+2 Danzamos no verán!!!», que chegará este domingo a Valdoviño. A actuación está pensada para que os peques da casa pasen un rato divertido bailando aos ritmos marcados polos artistas.
O espectáculo, que terá lugar ás 19:00 horas no parque da praia da Frouxeira, está baseado nun disco que foi gravado nos estudios Gourmet Sound en A Coruña, con Alfonso Camarero como coprodutor do mesmo xunto con Xoán Curiel.