FERROL360 | Domingo 15 setembro 2013 | 13:06
Dende os meses de setembro a maio, o Centro Cívico de Caranza acolle cada domingo espectáculos teatrais para tódolos gustos. A Asociación Cultural e Artística Ti e Máis eu Teatro en colaboración co Concello de Ferrol, realizan o Ciclo de Teatro Afeccionado Domingos a Escena estreando hoxe a súa segunda temporada, logo da volta das vacacións de verán.
A de hoxe é unha obra que enxalza a ambigüidade e rexeita a seriedade postulándose a favor do mero arte de vivir. É un debate entre a tolemia dos cordos ou a cordura dos tolos. «Unha ópera transformada en cabaré… un drama transformado en comedia… a vida transformada en ficción». Esa é a sinopse de Ópera Pánica, do artista chileno Alejandro Jodorowsky, pero dirixida por Fernando González.
A Compañía Marañao Teatro porá en escena este cabaré tráxico interpretado por Iago López, Beatriz Iglesias, Luis Pequeño, Rebeca Ramos, Cristina Mangana e María Ramos, entre outros.
A entrada para o espectáculo que comezará ás 19:00 horas é gratuíta.
Debate sobre el post