FERROL360 | Martes 20 xaneiro 2015 | 13:31
O músico ferrolán Víctor Aneiros actuará este venres na Sala Capitol de Santiago de Compostela para presentar o seu último álbum, A soidade pide copas nos bares. Con esta actuación, Aneiros abre o programa Blues nite, que 1906 levará a cabo entre os meses de xaneiro e maio na sala compostelá.
O concerto arrancará ás 21:30 horas e máis tarde actuarán no mesmo escenario Pardo e Piti Sanz. As entradas xa se poden adquirir no Teatro Principal, A Reixa Tenda e na páxina web da Sala Capitol.
Para poder desfrutar do blues-rock en galego de Víctor Aneiros na nosa comarca teremos que esperar ata o mes de marzo. E é que o xoves 26 actuará no Pazo da Cultura de Narón para presentar este novo disco acústico e desenchufado.
Aneiros deixa a un lado a guitarra eléctrica e fai unha revisión acústica dalgúns dos seus temas máis importantes. Acompáñase neste disco dun trío de luxo, como son Fran Rey cos teclados e acordeón, Marcos Sánchez na batería e Victor Gacio no baixo.
Debate sobre el post