FERROL360 | Sábado 14 abril 2018 | 15:50
A 39 edición do Festival Irmandiño de Moeche xa ten cartel. A gañadora do concurso de carteis é Dulce María López, unha veciña de Fene, que titulou a sua obra Esencia. Desde a organización do Festival avanzan que proximamente darase a coñecer o nome dos grupos que participarán na cita este ano.
Tamén se irán publicando as actividades a realizar durante o Festivak e que serán retransmitidas pola radio oficial do Festival que é RCFM.es. O Festival Irmandiño deste ano terá lugar en Moeche os dias 17, 18 e 19 de agosto.
O Festival Irmandiño é un proxecto que naceu en 1980 e dende aquela os organizadores conseguiron que o festival sexa un espazo de musica tradicional folk grazas a implicación do Concello de Moeche e os seus veciños.
Debate sobre el post