FERROL360 | Mércores 2 decembro 2015 | 18:42
Oportunidade única para ver a exposición Muros, do fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón, que ofrecerá unha visita guiada pola súa mostra este xoves. Será ás 18:30 horas e estará aberta a participación dos veciños, entidades e centros de ensino.
Así, Tizón será o cicerone do público que se achegue a esta visita guiada e de balde pola sala de exposicións do Centro Cultural Torrente Ballester, que alberga a mostra.
Trátase dunha exposición de fotografía e vídeo documental, que é unha fiestra aberta ao drama que están a vivir miles de persoas no seu exilio polas fronteiras de Europa. O fotógrafo será o anfitrión para guiar aos visitantes polos segredos que se agochan detrás de cada imaxe.
Ademais, este venres terá lugar no CTB a presentación do libro de ‘Muros’, que recolle o traballo da exposición cos textos aportados polos seus protagonistas. A partires das 20:00 horas.