
FERROL360 | Venres 26 novembro 2021 | 00:00
O goberno local de Cabanas sacou adiante en sesión plenaria a ordenanza municipal de normalización lingüística, que establece que o galego é o idioma oficial do Concello. O executivo cabanés sinalou que o texto «reafirma o compromiso da entidade local co uso e promoción da lingua galega».
«Sitúa a Cabanas no reducido grupo de concellos que a día de hoxe contan cunha ordenanza semellante», indicou. O documento regula os usos do galego «como lingua de acceso e administrativa para convocatorias, resolucións, notificacións e todos os actos de carácter público e administrativo que se realicen en nome do Concello».
Será, en todo caso, «sen prexuízo de que se poidan empregar outros idiomas cando sexa requirido ou necesario». Al mismo tiempo, aboga por el «uso correcto da toponimia, favorecendo a recuperación dos topónimos tradicionais e demandando a entidades beneficiarios de subvención, axuda, colaboración ou contrato do Concello o uso correcto da toponimia oficial».