FERROL360 | Sábado 18 abril 2015 | 17:02
Máis de 200 mozos con idades comprendidas entre os 6 e os 20 anos de idade, provintes de distintos lugares de Galicia, participan no XXXV Festival Scout Galego que ten lugar este sábado en Santiago de Compostela.
Desfrutarán de diversas actividades que fomentarán a diversión saudable, a convivencia e o coñecemento dos valores culturais de Compostela. As actividades máis destacadas inclúen un obradoiro de xogos para os máis pequenos, unha visita ás cubertas da Catedral de Santiago e sobre todo o certame musical con composicións orixinais elaboradas polos propios rapaces.
O colexio La Salle acolle o certamen no que participarán os Grupos Scout 19 de Ferrol, Grupo Scout Chan 292 de Compostela, San Jorge 33 e o Semente 597 de A Coruña e mailo Tesela 922 de Lugo.
Debate sobre el post