Publicidad

O IES Ferrol Vello e IES Canido denuncian os recortes de profesorado para o próximo curso

Denuncian que se reduce a previsión de profesorado para o vindeiro curso, pasando de 20 a 18 profesores nun caso e de 33 a 31 noutro

FERROL360 | Luns 12 de agosto de 2024 | 10:02

As direccións do IES Ferrol Vello e do IES Canido denuncian a redución na previsión de profesorado para o curso 2024- 2025, de 20 a 18 profesores e de 33 a 31, respectivamente.
Estes recortes de persoal docente quedaron confirmados na resolución definitiva do CADP do pasado 2 de agosto.

Esta circunstancia dáse a pesar de contaren os centros coas mesmas unidades que o curso anterior, o que implicará unha redución significativa da oferta educativa e a limitar a atención á diversidade do alumnado.

Dado que este feito compromete a posibilidade de ofrecer unha educación de calidade nos termos que establece a normativa vixente, as direccións dos centros mostrando o seu rexeitamento a estes recortes e realizaremos cantas actuacións sexan necesarias para recuperar o profesorado eliminado e non contribuír á precarización do ensino público, apoiando tamén a aqueles centros que se encontren na mesma situación.