Publicidad

O II Festival EntreMareas celébrase os días 11 e 12 de xullo no Porto de Espasante

FERROL360 | Domingo 29 xuño 2014 | 16:36

Música, teatro e feira de artesanía compoñen as actividades do II Festival EntreMareas que celébrase os días 11 e 12 de xullo no Porto de Espasante, en Ortigueira. Así, haberá pasarrúas de banda de gaitas, baile tradicional, música de rúa, actividades variadas para os máis pequenos, clown e malabares, concertos de noite.

Desde a organización tamén informan que o sábado celebrarán un xantar e cea, e a medianoite haberá queimada. Tamén indican que haberá algunha sorpresa e outras actividades.