SANDRA REGO | Miércoles 9 septiembre 2015 | 18:58
O concelleiro de Cultura, Ensino e Universidade, Suso Basterrechea, presentou esta mañá «EstéNaRúa», unha serie de actuacións de diferentes artes escénicas que son organizadas por tercer ano consecutivo pola compañía Ti e máis EU Teatro, no marco do Festival Galego de Teatro Amador.
Estas actuacións realizaránse ó longo da fin de semana simultaneamente entre dous distintos escenarios: a praza da Constitución e a da Amboaxe. Así mesmo, haberá unha obra de teatro de balde que se representará no Teatro Jofre o domingo a partir das 20:00 horas e que leva o nome dunha peza de Shakespeare Las esposas alegres de Windsor. Trátase dunha comedia que levará a cabo o grupo teatral El Ruiseñor e que custea o Concello. As entradas pódense recoller na taquilla do Teatro ata completar aforo.
A pesares da presión que sofren os organizadores debido as cuestións metereolóxicas para este fin de semana, agardan poder «cumprir o programa por completo», que comeza o sábado pola mañá, a partir das 11:00 horas, cun pasarrúas dende o Hotel Carrís Almirante, no que se realizarán performas teatrais e animacións ó longo do barrio da Magdalena.
A diferenza doutros anos, Ti e maís EU Teatro quixeron «facer o festival extensivo a todas as demais artes escénicas», contando coa colaboración da asociación cultural Mundo Danza e das agrupacións musicais Superglú e Rock School Ferrol, que actuarán entre as actuacións teatrais.
Entre os colaboradores, o Mercado Aberto da Magdalena, que traballan constantemente para dinamizar o barrio, encargáronse de traer a actuación da Orquestra Pantasma, que levará a cabo unha actuación musical para os máis pequenos o sábado ás 12:00 horas na praza de Amboaxe.
En cambio, na praza da Constitución haberá que poñerse o chandal para asistir a unha Masterclass de Zumba a partir das 12:30 horas. Xa pola tarde, dende as 17:00 ata as 19:30 horas, as compañías Agarimo Teatro, Teatro Estepario, Teatro Azar, Hermanas Teatro e Ti e Mais EU, levarán as súas representacións ós dous escenarios fixados, acompañadas da música de Super Glú e Rock School Ferrol.
Ademais, a Asociación General de Recuperación del Patrimonio Abandonado, Agripa, será o responsable de realizar o domingo unha visita guiada polo casco antigo de Ferrol. Dende a asociación animan a todos aqueles cidadáns que estean interesados en coñecer o patrimonio e a historia da urbe naval, a presentarse na porta do Hotel Carrís Almirante ás 12:00 horas do domingo, para coñecer o primeiro trazo do Camiño Inglés de Santiago.
Previamente a esta actividade, se levará a cabo unha Masterclass teatral no mesmo hotel e de entrada libre para os interesados. Tralo xantar, na mesma ubicación, celebraráse un foro sobre o festival como acto de clausura.
Debate sobre el post