FERROL360 | Martes 19 xaneiro 2016 | 17:43
O Instituto Pontés de Promoción Económica organiza unha xornada formativa sobre a Lei de comercio interior de Galicia este xoves na aula polivalente da Casa Dopeso. Esta xornada forma parte do programa de formación dos sectores comercial e hostaleiro impulsado dende a Concellería de Comercio e Hostalaría de As Pontes.
A charla está aberta á asistencia de todos os comerciantes ponteses e principiará ás 20:30 horas. Durante a xornada abordaranse aspectos coma os horarios comerciais, os requisitos a cumprir en materia de venda en período de rebaixas, os saldos, as liquidacións ou as vendas con desconto.
A Concellería busca que esta xornada sexa útil á hora de mellorar a actividade do comercio de proximidade, garantindo o coñecemento da normativa vixente así coma os dereitos tanto de comerciantes coma de clientes á hora de desenvolver calquera tipo de transacción comercial.
Debate sobre el post