FERROL360 | Luns 12 outubro 2015 | 17:00
Os comercios de As Pontes xa poden anotarse para participar nunha nova edición do Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes. O MOVA 2015 terá lugar a última fin de semana de outubro en horario de 10:00 a 19:00 horas e o luns 2 de novembro en horario de mañá, entre as 11:00 e as 14:00 horas.
Os clientes que realicen as súas compras durante o evento terán premio, de xeito que se realizará unha entrega de rifas cada vez que fagan unha compra. Estes boletos servirán para optar a gañar premios de vales de 300 euros cada un, para gastar no propio MOVA.
Tamén se vai retomar a posta en marcha dunha nova campaña de concienciación comercial destinada a veciños e visitantes acorde co obxectivo de promoción e o apoio ó comercio local. Os comercios interesados en participar poden inscribirse ata este venres día 16 de outubro e a inscrición débese confirmar nas propias instalacións do Concello.