FERROL360 | Mércores 28 octubre 2015 | 10:30
Raúl Rodríguez presentará este venres no Teatro Jofre o libro-disco Razón de Son, no que recolle vinte anos de investigación sobre a música popular andaluza e a súa conexión con outras músicas. A cita será a partires das 20:30 horas e as entradas xa están á venda nesta web ao prezo de 10, 8 e 5 euros.
Desde mediados dos anos 90, Rodríguez formou parte dos grupos Caraoscura e Son de la Frontera. Produciu a Las Migas, traballou en discos da súa nai Martirio e tamén de Kiko Veneno, Juan Perro e Zarabanda, entre outros. Moitos artistas requeriron ademais as súas excelencias á guitarra e ó tres flamenco, do cal é un pioneiro.
Desde a súa aparición en octubre de 2014 e a súa participación no WOMEX, Razón de Son colleitou loubanzas dentro e fóra de España. A súa conxunción de virtuosismo, didáctica e carisma deixarán pegada no seu paso por Ferrol.
Ciclo «Na raíz»
O músico sevillano abre con esta actuación o ciclo de concertos «Na raíz», protagonizados por artistas que rachan con moldes e prexuízos desde o coñecemento da tradición. Así, haberá tres citas máis no Jofre con nomes que son sinónimo de compromiso artístico, calidade e atemporalidade.
O xoves 19 de novembro tocaralle o turno a Davide Salvado + Caxade, de Galicia; o venres 18 de decembro a Carmen París e o seu E-jazz con jota, de Aragón e o venres 15 de xaneiro a Fetén Fetén, de Castela-León, + Cuarteto Caramuxo, de Galicia.