FERROL360 | Luns 16 setembro 2013 | 18:05
Dende este luns e ata o vindeiro 5 de outubro, -ámbolos dous inclusive- é posible realizar as matrícula nas Escolas Culturais do Padroado da Cultura do Concello de Narón.
As actividades para este novo curso 2013/2014 son as seguintes:
–Tradicionais: danza, gaita, percusión, canto e pandeireta, zanfona, construción de instrumentos e o recuncho dos pequechos de entre 3 e 4 anos de idade.
–Artísticas: teatro e debuxo a partires dos 4 e 6 anos respectivamente.
Todas estas disciplinas teñen un custo de 62 euros por curso completo.
–Escola de actores e actrices e escola de danza contemporánea: para mozos maiores de 14 anos e 1º Nivel, cuxos prezos van dende os 62 a os 205 euros/curso.
–Baile de salón para maiores de 4 anos. Serán 32 euros de matrícula e unha cota mensual de 15 euros.
Existe a posibilidade de aprazar o pagamento ata o mes de decembro, para aquelas persoas que teñan tres ou máis matrículas.
A inscrición poderá formalizarse nas oficinas do Pazo da Cultura de luns a venres 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h e sábados de 10:00 a 13:00 h. Para máis información poden chamar ó teléfono 981 39 11 44.
Asemade, as escolas de música da Asociación Cultural Musical Sementeira ofrecen un ano máis a posibilidade de inscribirse aos cursos de solfexo para maiores de 7 anos, iniciación á música para pequenos de 5 a 6 anos e clases de instrumentos de vento metal, vento madeira, violonchelo e percusión. O prezo é de 67 euros por matrícula e 7 euros ao mes. O prazo de inscrición remata o vindeiro 27 de setembro. Máis información no teléfono 699 458 267.
Debate sobre el post