ARY LÓPEZ | Venres 20 setembro 2013 | 18:12
O período da nosa historia que vai dende o falecemento do ditador Francisco Franco á celebración das primeiras eleccións democráticas durou aproximadamente dous anos.
Tan só unha hora e vinte minutos é o tempo que precisan os actores da obra teatral Transición para recordarlle as vivencias a aqueles que viviron nesa época e aos que a coñecen só de oídas.
En clave de comedia, contarán a historia do noso país dun xeito diferente. A compañía decide tamén abordar o espectáculo adoitando de maneira literal a palabra transición. Algo que fala de «cambio, de paso, de acción transformadora que nos leva dun lugar a outro».
Teatro do Tempero, L’om Imprebís e Teatro Meridional son tres importantes compañías privadas de Aragón, Valencia e Madrid. Froito da colaboración conxunta xorde un proxecto novo que aglutina dous autores -Julio Salvatierra e Alfonso Plou-, dous directores -Santiago Sánchez e Carlos Martín- e oito personaxes que conforman o elenco artístico. Eles son Antonio Valero, Álvaro Lavín, José Luis Esteban, Carlos Lorenzao, Balbino Lacosta, Eugenio Villota, Elvira Cuadrupani e Eva Martín.
O seu traballo teatral poderá verse este sábado no Pazo da Cultura de Narón, ás 20:00 horas. As entradas custan entre 7 e 10 euros.
Debate sobre el post