FERROL360 | Xoves 26 setembro 2013| 13:55
En palabras de David Desola, o autor desta obra da compañía Teatro do Atlántico, trátase dun «drama ao cadrado» cheo de tenrura e humor que nos levará por camiños difíciles de adiviñar.
A alta calidade dun texto que obtivo o premio Lope de Vega 2007, xunto a unha orixinal estrutura dramática, dan lugar a unha inquietante e conmovedora paisaxe humana. Os personaxes adultos, azoutados polas circunstancias da vida, tratan de albiscar unha luz ao final do túnel.
Mundos paralelos, historias duras e profundas na procura dun alento de felicidade con final reflexivo. No elenco artístico: Marcos Viéitez é Oscar, Gonzalo M. Uriarte é o Señor Xerofante e María Barcala é Irene.
Unha hora e media de espectáculo que se representará este venres ás 20:30 horas e o sábado ás 20:00 horas no Pazo da Cultura de Narón. As entradas oscilan entre 5 e 9 euros.
