FERROL360 | Jueves 6 agosto 2015 | 18:49
O polifacético artista naronés Leandro Lamas estrea este venres mostra na tenda de arte A vella fábrica de lapis na rúa Lugo número 61, en Ferrol.
Non é doado topar cunha exposición de Lamas, que, polo xeral, véndeo todo antes de podelo xuntar nunha mesma parede, así que este xardín que poderemos percorrer até o 9 de setembro é todo un luxo e semella unha volta á nosa infancia.
As quince ilustracións expostas acompañan aos textos do sempre grande Xosé Neira Vilas na súa obra O xardín de Irene, un poemario para que os nenos xoguen coas palabras.
Este venres 7 de agosto contra ás 20:30 horas, o artista asinará exemplares do libro na Vella fábrica de lapis, nunha inauguración na que haberá actividades infantís e mesmo petiscos para todos aqueles que queiran pasear e ulir as flores deste paraíso de cor.
Debate sobre el post