Publicidad

O pleno da Deputación da luz verde ao proxecto de ampliación da estrada Ares-Chanteiro

FERROL360 | Venres 27 febreiro 2015 | 18:24

Novo paso para que a ampliación da estrada Ares-Chanteiro sexa unha realidade. A Deputación de A Coruña ven de aprobar este venres en pleno a primeira fase do proxecto de ampliación e mellora do trazado desta estrada.

O proxecto inclúe actuacións dende o inicio da estrada ata a glorieta de Chanteiro, o que supón preto de catro quilómetros de obras. Neste tramo se ensanchará a calzada, que pasará a ter dous carrís de 3,5 metros cada un (agora miden 2,7 metros), e unha plataforma peonil de dous metros de ancho na marxe esquerda, separado por un beiravía con bordo.

Ademais, nos lugares de Cervás e Chanteiro vanse executar dúas glorietas rebasables para acondicionar e reordenar as interseccións coa DP 0403 e cun camiño veciñal do entorno. Tamén se mellorará a sinalización nos viarios anexos.

Aproveitando a actuación, realizaranse obras de saneamento e iluminación. Vaise mellorar a rede de recollida de pluviais nos tramos con beirarrúas, nas plataformas peonís, e as augas superficiais serán evacuadas ao exterior da calzada.

O firme será renovado con tratamento superficial, capa de rodadura e rego de adherencia e imprimación, capas de grava e zahorra artificial. O proxecto implica varios muros de contención, execución de terrapléns e desmontes.

En total, o investimento está preto dos 1,5 millóns de euros, dos que 1,2 millóns están destinados aos traballos e outros 223.000 euros para as expropiacións de fincas necesarias para a ampliación da calzada. O proxecto está incluído no Plan de Investimento de Vías Provinciais 2015.

Actuacións en viarios de Moeche

Por outra banda, en Moeche, a Deputación colaborará na mellora da capa de rodaxe do mercado con 240.249 euros. Neste proxecto, que asume en solitario a institución provincial, tamén se mellorarán as estradas de Casanova a Canosa (Abade), Casanova a Xanfero (Abade), San Ramón a Pardiñas-Río Vello, Folgosa a Vilazanche, Porto da Pena a Santa Cruz; e o camiño de Santa Cruz a Amosa.

Os traballos incluirán a apertura de cunetas, a limpeza e sinalización vertical, segundo as necesidades de cada viario. En total, actuarase ao longo de 11.430 metros.

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol