FERROL360 | Domingo 29 marzo 2015 | 19:09
O pasado venres a Xunta de Galicia entregou ós adxudicatarios as vivendas de promoción pública de O Bertón, pero o BNG denuncian que aínda existen deficiencias que deben ser subsanadas «de imediato» porque «están a causar queixas veciñais».
O número 3 da lista do BNG de Ferrol, Xulio Rodríguez, mantivo un encontro cos veciños da zona para coñecer de primeira man esta problemática e indica que aínda hai rúas que non están rematadas coma a terminación do camiño da Parda, sen asfaltar e convertida nun barrizal, e a zona da Pena Parda, tamén sen asfatar e sen aceso ao poligono.
Tamén se queixan os veciños da problemática existente coa nova sinalización e o cambio de dirección dos viais. Así, explican que nalgúns casos deben dar un gran rodeo para poder acceder a ás vivendas polo sentido único das vías máis proximas á confluencia da rúa Bertón coa rúa Venezuela.
Ante esta situación, o BNG pide ao goberno local que solventen todas estas deficiencias e se remate a urbanización de todas estas rúas, xa que os veciños desta zna non teñen que sair das súas vivendas e atoparse cun barrizal.
