FERROL360 | Venres 24 febreiro 2017 | 12:33
Se tes unha idea ou proxecto vinculado con algunha actividade relacionada co mar como a pesca, a gastronomía, o lecer ou o turismo podes solicitar ata o vindeiro mércores 1 de marzo as axudas FEMP 2014-2020 para acadar o financiamento que converta os teus sonos en realidade, a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte.
Trátase dun organizamos colaborador da Consellería do Mar para xestionar as axudas do Fondo Marítimo e da Pesca (FEMP) 2014-2020, ofrecendo asesoramento e información de como presentar as solicitudes, cun ámbito xeográfico de actuación que vai dende Narón ata Paderne, collendo ademais os municipios de Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda e Ferrol.
Estas axudas procuran mellorar as condicións de vida e as oportunidades de desenvolvemento actuais e futuras dos integrantes da comunidade costeira, mellorando a competitividade do sector pesqueiro, apoiando proxectos de emprendemento vinculados ao medio marítimo ou á conservación da cultura e as tradicións mariñeiras, impulsando o o turismo na costa, o asentamento de novas empresas, o coidado da contorna ou a formación de profesionais.
Que proxectos poden ser subvencionados?
Hai dous grandes grupos de iniciativas que poder estar suxeitas á subvención dos fondos do FEMP: as que corresponden cos investimentos produtivos e as que se refiren aos investimentos non produtivos. No primeiro caso englóbanse as actividades que supoñen a realización dunha actividade económica que produzan bens ou servizos e que veñan a crear ou manter o emprego.
No segundo grupo enmárcanse os proxectos que non supoñen o inicio o desenvolvemento dunha actividade económica, tendo ademais en conta as iniciativas de interese público que, aínda sendo unha actividade económica ou estando ligadas a algunha, non incidan sobre o réxime de competencia no territorio do que se trate.
Que requisitos son necesarios?
Para seren beneficiario destas axudas cómpre contribuír aos obxectivos da estratexia de desenvolvemento local participado do GALP Golfo Ártabro Norte, estar localizados no ámbito territorial deste Grupo de Acción Local, ser viables técnica e economicamente, e axustarse á normativa sectorial aplicada a cada proxecto.
Podemos procurar máis información sobre as axudas no bloque do GALP Golfo Ártabro Norte, ao que podemos acceder premendo aquí, pero tamén podemos visitar a súa sé na rúa Curro número 33 (Miño), chamar aos teléfonos 981 784 417 e 636736788, ou escribir un correo ao enderezo electrónico galpgolfoartabronorte@gmail.com.
Debate sobre el post