FERROL360 | Venres 1 xuño 2018 | 19:03
O Concello de Neda vén de abrir o prazo de inscrición para a participación de nenos de entre 3 e 12 anos no programa Conciliamos Xogando 2018. Unha iniciativica coa que o goberno municipal pretende favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias locais.
A Xunta de Goberno contratou á empresa Gazapos para que se fixera cargo do programa, que comezará o vindeiro 2 de xullo. A actividade terá continuidade ao longo de todo o mes de xullo no CEIP San Isidro, en horario de 8.45 a 13.45 horas.
O número de prazas ofertadas é de 75 e cubriranse seguindo un rigoroso orden de inscrición. Familias en situación de emerxencia social, monoparentais, nais e pais traballadores e con persoas dependentes a cargo serán algúns dos criterios que se valorarán no caso de que a demanda sexa maior que a oferta.
Toda a documentación xa está dispoñible no rexistro xeral do Concello, onde ata o día 15 de xuño tamén terá que se entregar a ficha de inscrición. Desde a Concellería de Servizos Sociais indican que todas as familias de Neda poderán optar ao servizo.