Publicidad

O PSOE de Cerdido denuncia a «esperpéntica» obra de reparación da estrada Porto-Soosloureiros

FERROL360 | Xoves 2 abril 2015 | 17:06

Os socialistas de Cerdido quéixanse da falta de control e as presas sobre as obras municipais, que provocan «chapuzas» coma «esperpéntica» reparación da estrada Porto-Soosloureiros. E é que desde o PSOE denuncian que as obras do camino Porto-Soosloreiros-Pozadauga remataron hai unhas semanas e xa ten fochancas.

Segundo informan os socialistas, estas fochancas están sendo reparadas pola empresa adxudicataria, pero indican que pedirán explicacións no Pleno porque «xa está ben de despropósitos e obras chapuceiras». Ante esta situación, advirten que non existe planificación nin control «para evitar que unha obra nova teña un resultado nefasto».

Desde o PSOE local lembran que este non é un feito illado e sinalan que a falla de planificación durante a lexislatura provocou que as vías municipais presenten un grave deterioro. Unha situación, que «levará anos corrixir dadas as limitacións orzamentarias do noso concello», laméntase os socialistas.

Este é o estado no que se atopa a estrada Porto-Soosloureiros despois da súa reparación hai unhas semanas (cedida)
Este é o estado no que se atopa a estrada Porto-Soosloureiros despois da súa reparación hai unhas semanas (cedida)

Publicidad

Banner Semana Santa
Banner Semana Santa

Banner Parque Ferrol