FERROL360 | Martes 24 marzo 2015 | 10:06
O Real Coro «Toxos e Froles» celebra ao longo deste ano o seu centenario e este venres ás 20:30 terá lugar a primeira das actividades que teñen organizadas para a súa conmemoración. Así, levarán a cabo unha xornada de irmandamento á que están convidadas todas as persoas que nalgún momento formaron parte dalgunha das distintas seccións do Toxos.
O acto comezará coa presentación do programa de actividades para a celebración do centenario. «Dita programación buscará que toda a cidadanía de Ferrol participe da ledicia que supón para a nosa entidade o feito de cumprir 100 anos de actividade ininterrumpida», sinalan nun comunicado.
A continuación, servirase unha copa de viño entre todos os convidados para brindar todos xuntos polos 100 anos de vida da entidade. Desde o Real Coro “Toxos e Froles” fan un chamamento a todos os homes e mulleres que participaron na agrupación nalgún momento da súa vida a que asistan ó acto deste venres.
Debate sobre el post