FERROL360 | Xoves 19 decembro 2013 | 18:23
Cantos son os Reis Magos? De seguro que todos respostades o mesmo: tres. Melchor, Gaspar e Baltasar. Pero resulta que hai un cuarto Rei Mago, o Rei Artab?n, que este Nadal est? de visita en Nar?n. Din as lendas que o Rei Artab?n nunca chegou ? pobo de Bel?n porque a s?a solidariedade fac?alle ir parando en todos os puntos do cami?o para axudar ? xente que o necesitaba.
As?, a Cabalgata Solidaria de Nar?n recuperar? a figura do cuarto Rei Mago de Oriente e daralle un protagonismo especial, desfilando a p? e mov?ndose entre t?dalas carrozas que compor?n o evento. Haber? unha carroza por cada un dos 13 barrios e parroquias de Nar?n e haber? tam?n un carro solidario, que portar? alimentos, roupa e xoguetes que se ir?n recadando ? longo destes d?as nas distintas parroquias e barrios de Nar?n para donalos ? Centro de Recursos Solidarios.
Cada carroza estar? composta por unha comitiva de dez a vinte persoas e o percorrido que realizar?n ter? sa?da na estaci?n do tren de Xuvia, para enfilar de seguido a Estrada de Castela ata a Praza de Galicia, onde ser?n recibidas polas autoridades municipais. Ser? nese intre cando Ramil e Dani R?os, xunto a un coro de gospel, interpreten a panxoli?a «Nar?n brila no Nadal».
Por outra banda, o Concello pon en marcha o programa «Prazas Vivas», que levarase a cabo nas prazas p?blicas e nos locais sociais municipais, nos que se ofrecer?n as seguintes actividades: obradoiros l?dico-educativos, globoflexia, patinaxe, coci?a, Xogos do Mundo, contacontos, obradoiros de construci?n de carrozas e caracterizaci?n de grupos.
Precisamente, ser? nestes obradoiros nos que se construir?n as carrozas que posteriormente desfilar?n na tarde do 5 de xaneiro na Cabalgata Solidaria, que percorrer? por vez primeira as r?as de Nar?n levando consigo unha mensaxe de solidariedade.
