FERROL360 | Xoves 4 setembro 2014 | 11:42
Estamos a piques de arrancar o curso escolar e a eterna pregunta revolotea unha vez máis nas cabezas dos pais: a que apuntamos aos rapaces? fútbol? natación? ximnasia? inglés? Hai moitísimas opcións e hai que organizar ben os horarios dos pequenos para no ter que andar ás carreiras.
O fútbol sempre é unha das primeiras opcións dos nenos, aínda que as nenas parece que cada vez se animan máis a practicar este deporte. Se o teu meniño ou meniña soña con ser futbolista, o S.D Barallobre busca rapaces e rapazas de 4 a 14 anos para completar as súas categorías base.
Ofrecen equipamento completo con pantalón, camisola, medias, chándal e mochila, así coma unha formación precisa impartida polos adestradores de base. Ademais, o campo onde adestran é de herba natural para fútbol 8 e 11.
Os interesados poden contactar co clube nos teléfonos: 636.304.595 e 981.360.977. Tamén no enderezo electrónico: sdbarallobre@gmail.com. A cota é de cinco euros mensuais.
