FERROL360 | Lunes 18 agosto 2014 | 19:24
Este domingo 17 de agosto a UDC Narahío, a S.D.C. Capela e o C.F. San Sadurniño disputaron o XX Trofeo de fútbol Concello de San Sadurniño no campo da Veiga, un clásico da pretemporada que desta volta levouse o conxunto local.
Pouco despois das seis da tarde comezaba o primeiro encontro entre o Narahío e o San Sadurniño, cun único tempo de 45 minutos -coma os restantes partidos do trofeo-, no que os primeiros minutos foron moi igualados pero os locais lograron o primeiro tanto no minuto trinta, que non puideron remontar os de Naraío.
Logo de quince minutos de descanso saltaron ao céspede os da Capela, que chegaban frescos para enfrontarse co Narahío. Os perdedores do primeiro encontro apretaron e remataban empatando por 1-1.
O terceiro encontro sería o definitivo para decir o trofeo municipal, tanto o San Sadurniño como os da Capela amosaron forzas moi igualadas aínda que o gol dos primeiros servíu para decidir o gañador.
Narahío, San Sadurniño e Capela volven coincidir na 2ª autonómica con escuadras moi renovadas que aínda están axustándose pero que, segundo parece, nos prometen tardes de grande rivalidade e moito espectáculo na liga 2014-2015.
Debate sobre el post