Publicidad

O sector pesqueiro e marisqueiro, a debate en Cariño

FERROL360 | Venres 28 marzo 2014 | 13:50

O BNG de Cariño programa unha charla dirixida ao colectivo de pescadores e mariscadores onde se abordarán os aspectos das actuais políticas pesqueiras. En concreto, se analizará todo o relativo ás limitacións que a Unión Europea está impoñendo a este sector.

Na sesión participará Daniel Rodas, deputado nacionalista no Parlamento de Galicia e experto en pesca. Terá lugar este sábado no local social do municipio -situado no edificio do consistorio- a partir das once da mañá.