FERROL360 | Domingo 17 maio 2015 | 18:00
Fin de semana de gloria para o Triatlón Ferrol. Seu equipo elite feminino levouse o ouro na Copa do Rei e o campionato de España por Relevos que se celebraba en Marina D’Or, Oropesa del Mar (Castellón).
O sábado, sen partir coma favoritas, Camila Alonso, Inés Santiago, Ana Carvajal, Sara Guerrero, Sharon García e Paula Herrero botáronse á auga sen referencias de tempos das rivais.
Herrero foi a primeira en quedarse cortada na bici e, un despiste da naronesa Guerrero, fixo que tamén se lle escapara o cuarto do Triatlón Ferrol que debía cruzar a meta.
Entón, a ferrolana Camila Alonso exerceu de líder do equipo para trocar a estratexia e marcar o tempo máis rápido da tarde e co que se subiron ao máis alto do podio da Copa do Rei.
Xa na xornada de domingo o conxunto ferrolán apostou por nadar sen neopreno restando velocidade na auga pero gañando tempo na transición. Camila Alonso foi a primeira relevista, facendo unha gran carreira a pé para darlle o testiño a Sara Guerrero, que comezou a remontada na natación.
A ferrolana Inés Santiago remataba a faena dende o auga cuns 40 segundos de desvantaxe coas líderes e tardou pouco en tomar a cabeza para cruzar a meta en primeiro lugar.
Triatlón base
A Escuela NorInver tamén levou un título de campeona de España Escolar por relevos con Sharon Carrera, Raquel Ruiz e Ana Carvajal.
Os cadete convertéronse nos mellores galegos na Copa do Rei facendo os tres segmentos xuntos Marcos Ruiz, Dani Santalla, Iván Puentes, Dani Ríos e Abel Fuentes, quedando a un paso do medalleiro sendo cuartos.
No relevo masculino a Escuela NorInver fixo un séptimo posto con Dani Ríos, Dani Santalla -que puido mellorar a súa posición nadando pero tivo que facer toda a bici só-, e Marcos Ruíz.
Debate sobre el post