Publicidad

O XIX Trofeo Internacional de Yolas reuniu ó redor de 300 remeiros

FERROL360 | Domingo 4 octubre 2015 | 20:42

A Enseada da Malata acolleu este domingo o XIX Trofeo Internacional de Yolas Cidade de Ferrol e o Campionato galego no que participaron preto de 300 remeiros procedentes de toda España e de Portugal.

As regatas foron organizadas polo Concello de Ferrol e o Club de Remo de San Felipe, que logrou dúas victorias na xornada de hoxe.

Durante o campionato, unha embarcación de Vilanova de Cerveira embistiu a outra do Corvera por accidente. O participante tivo que ser trasladado ó hospital por precaución, pero comprobouse que só tiña unha contusión nun costado e regresou a casa sen maiores riscos.