FERROL360 | Domingo 3 abril 2016 | 17:17
Un grupo de feneses está a organizar un xantar homenaxe a Alexandre Ripoll Anta, profesor durante máis de trinta anos no Instituto de Barallobre e recentemente xubilado. Será o vindeiro xoves 7 de abril ás 14:00 horas na Liga de Amigos de Barallobre.
Os organizadores salientan que Ripoll é «un exemplo de profesor comprometido coa lingua, a cultura galega, e co movemento asociativo» e chaman a atención sobre «o valor da educación como elemento de progreso da sociedade e o interese cultural dun traballo altruista, desinteresado e sen ánimo de lucro».
Así, indican que Ripoll «sempre acudiu a calquera sociedade de Fene e da comarca para falar das Letras Galegas ou do tema cultural que se lle propuxera. Tamén foron innumerábeis as súas colaboracións con Radio Fene para compartir cos oíntes a súa sabedoría en torno aos máis variados temas de literatura».
As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléfono 981.492.775 ou no correo electrónico: direccion@radiofusion.eu. A data limite para apuntarse é este martes ás 12:00 horas. A organización do acto conta coa colaboración de Son Radiofusión, Asociación de amizade coa radio local.
