FERROL360 | Domingo 24 febreiro 2019 | 00:00
O próximo día 8 de marzo terá lugar o Día Internacional da Muller e en Ortigueira queren celebralo dunha forma especial cunha xuntanza para mulleres. O colectivo femenino do Concello está invitado a este X Encontro de Mulleres que se celebrará o sábado 9 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller. O prazo para anotarse xa está aberto e o último día para anotarse é o día 4 de marzo.
O restaurante Orillamar de Espasante será o lugar de reunión para este evento pensado para todas as mulleres, en especial, aquelas que traballan ou teñen relación co mundo rural. A inscrición poderase realizar no Centro Social de Ortigueira dende ás 08:00 da mañá ata as 15:00 horas da tarde e o número de prazas é limitado.
Dentro da mesma programación, o 8 de marzo celebrarase un Pleno de Mulleres no Concello, no que todo o mundo está invitado a acudir e no que participarán persoas de diferentes idades e situacións para debater os problemas e inquedanzas do colectivo feminino,
Debate sobre el post