FERROL360 | Domingo 30 setembro 2018 | 11:18
A Asociación de Comerciantes de Narón porá en marcha una nova iniciativa para fomentar as vendas dos comercios asociados a unha nova promoción de outono. A campaña do comercio de Narón entregará unhas tarxetas «Rasca e gaña» por compras realizadas nos seus establecementos cun total de 2.500 euros en premios.
Os vales de compra terán un valor de 10, 20, 50 y 100 euros e deberán ser canxeados no mesmo establecemento que foron entregados. Con esta acción, os comerciantes de Narón queren impulsar ás vendas e ao mesmo tempo premiar a fidelidade dos clientes máis habituais.
Para identificar os comercios pertencentes a Asociación de Comerciantes de Narón basta con comprobar que teñen os carteis promocionais da campaña. Todas as persoas que merquen no comercio de Narón poderán participar nos sorteos que durarán todo o mes de outubro.
Debate sobre el post