Publicidad

Os Concellos de Fene, Ares e Cabanas solicitan á Xunta catro cursos formativos

FERROL360 | Martes 3 marzo 2015 | 16:51

Os Concellos de Fene, Ares e Cabanas únense para participar na convocatoria aberta pola Consellería de Traballo e Benestar para acoller cursos formativos destinados á mocidade. Trátase de programas mixtos de emprego e formación, tendentes a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional dos mozos incluídos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

As especialidades que se solicitan son: Fabricación e montaxe de instalacións e tubería industrial, que se impartiría en Fene e ofertaríanse doce prazas; Pintura decorativa en construcción, tamén en Fene e co mesmo número de prazas ofertadas.

Atención sociosanitaria a personas dependentes en institucións sociais, neste caso o centro de formación ubicaríase en Ares e o cupo abriríase para doce alumnos, e Actividades Auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, que se celebraría en Cabanas coa participación de doce mozos.

O importe da subvención solicitada para a realización das accións ascende a 405.856 euros.

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol