FERROL360 | Martes 15 setembro 2015 | 19:05
Os Concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal agruparanse para impulsar este xeodestino turístico e establecer sinerxias comúns para a súa dinamización. Nunha xuntanza celebrada o pasado luns, os Concellos decidiron constituír unha agrupación de Concellos para establecer un organismo común que permita traballar a curto prazo na dinamización turística.
No prazo dun mes terá lugar unha nova reunión dos Concellos que participarán nesta agrupación. Cada un dos municipios estudará e presentará distintos proxectos e líneas de actuación aos que se lles poida dar forma, partindo da idea de realizar unha xestión conxunta do xeodestino.
Deste xeito, os municipios que conformarían a agrupación serían os de A Capela, Ares, As Pontes, As Somozas, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño, Valdoviño e Vilarmaior.
Debate sobre el post